Inicio arrow Kastomä
Kastomä PDF Imprimir Correo-e

Pode ser algo abstracto, pode tamén ser unha maneira de ofrecervos un vaso, e tamén, e de certo así é, KASTOMÄ, un grupo de rock en galego de Ordes, formado no ano 2000 por Soneira, Oscar, Xurxo, David e Sito co afán de satisfacer un fortísimo desexo: poder tocar en directo.

Con influenzas do rock nacional ( Boikot, Reincidentes, Barricada, entre outros ) e coa mente posta nos concertos, ensaiamos ó sair de traballar, no tempo libre que ben aproveitamos cunha aficción ruidosa pero entretida. Desde o ano 2000, tocando por garitos e festivais galegos, e agardamos que sexan moitos mais e que vos o vexades.Kastomä

KASTOMÄ é un apócope frase ¿qué queres tomar ? orixinaria da zona de Santa Comba, frase que dí moito da cultura etílica que se apalpa polas terras de Ordes, donde vivimos, con locais de reegeton e triunfitos que malamente lle deixan oco ó Rocanrol, xente nova que ainda pensa coma os de antes, teñen que vir coas suas melodías de Madrid para sacarnos da casa a tomar unhas copas ¡ qué ridículo !.

As que cosemos pá fábrica, os que cortamos a erba para o gando, os que tecleamos diante dun ordenador, os que facemos as fotocopias, os que compramos unha vivenda, todos imos guiadiños coma marionetas cara o mesmo buraco, ¡¡¡ vivan as multinacionais !!! que nos teñenen afeitos ás suas cancións, e despois “todos somos solidarios…”, pero coma ben decía o tio Marcos da Portela, senon hai pan veña viño, xa que nonos queren, mellor solos, e a poder ser, ben lonxe deses locais “chunda, chunda” que programan actuacións só para cando non teñen a ninguén no bar, locales que non teñen clientela de rocanrol e pretenden que lle levemos nós ós nosos colegas para facerlle caixa, ¡ home, por favor ! un pouco de dignidade que nadie se fai a facer nin mais rico nin mais pobre por 150€ de caché, e coma non está o alcacén pa jaitas, moitas veces temos que tragar con todo só para facer algo que che gusta e iso podémolo aturar no traballo pero se podemos evitalo nos concertos moito mellor.

Ahí queda a nosa protesta e ímonos ó allo porque “… yo he venido aquí a hablar de mi libro…” e chámase MESTRE DE PESADELOS, maketa autoproducida e grabada en estudio, levounos moito tempo sacala por motivos de traballo dos componentes, pero a próxima prometemos que irá máis rápida porque para daquela xa seremos famosos e poderemos decir iso de que vivimos da música, (qué bonito soño).