Inicio arrow Skarmento
Skarmento PDF Imprimir Correo-e

skarmento

Nacer nunha merda de vila como é Lalín, pode ser que nos quentara o sangue dende ben novos e aflorasen as gañas de cagarnos en todo eso que viamos e vemos inxusto día a día. Unha vila chea de empresarios do textil que lle cronometran ás nosas familias o tempo que tardan en coser unha prenda ou políticos que se fachendean ante nós con grandes casas e luxosos automóbiles. Todo eso mesturado coas mafias policiais e os ladillas que conseguen un posto de traballo pisando ós demáis, sen ningún tipo de reparo.

Foi en setembro do ano 2000 cando na casa da Campanillas de Donramiro comezamos a ensaiar xunto cos nosos compañeiros de Síntoma Anarkista e comezamos a sacar os nosos primeiros temas. A nosa xente enseguida se enterou do que alí se estaba cocendo e os concertos que comezamos a dar enchíanse de amigos. Primeiro foi a comarca. Vigo, Santiago, Ourense, Lugo e o resto quedaba moi lonxe pero tamén chegou, e con elo chegou o estado; Madrid, Euskadi, Navarra e mesmo subir nun avión para descargar en Mallorca a nosa raiba, que segue a ser tan rancia coma nos comezos.
Hoxe sabemos un pouco máis por donde andamos e a vida vai mostrando que o que fixemos non foi unha parvada, senon que seguimos aquí, que as modas non nos cambiaron nen nos cambiarán porque as cousas seguen estando ben fodidas e as modas son para quen ten a alma de cemento e non repara no que está a suceder. As rúas seguen ardendo. Skarmento contra o mundo!.