Inicio arrow Extridentes
Extridentes PDF Imprimir Correo-e

 

 EXTRIDENTES

A banda Kambottes foi o proxecto que mellor representou en Galicia esa liña de rock combativo que dende hai décadas tan ben estaba representada no Estado polo grupo Reincidentes (o seu vocalista chegou colaborar con eles) e logo de que Cortizo, o cantante dese combo de Rodeiro, marchase traballar fóra (Galicia non cambia tanto como din) dous ex compoñentes poñen en marcha un novo proxecto, Extridentes, rock sen medo a xuntarse co son da gaita. En Xuño do 2006,

 

Extridentes

Extridentes entran no estudo Mafia Records de Carballiño, para grabar, o que hoxe é a súa demo de presentación. Eles son: Jaime, guitarra; Carlos, na outra guitarra, Álex, no baixo; Tomás, na batería; e Óscar, na gaita e tamén no micro.