Machina xurde no ano 2003 baixo o nome de CO-INCIDENCIA, e comeza os ensaios tocando versións (como "Killing in the name" de R.A.T.M. ou "Nobody´s wife" de Anouk) e xa compoñendo os seus propios temas. Nesta formación estaban, Gonzalo na guitarra, Mahi na batería, Estefanía na voz, Nacho na outra guitarra e Cesar no baixo. A banda con esta formación chegou a dar concertos por diversos lugares da xeografia galega e incluso a tocar con grupos con nome como NDNO na sala Iguana de Vigo. As cousas foron cambiando, e tres dos integrantes do grupo (Cesar, Mahi e Nacho) deixaron a banda para adicarse a outros proxectos, entón foi cando david entrou como Baixista e Diego comezou na batería, quedando a formación con un so guitarrista. Pouco máis tarde foi Estefanía quen decide deixar Machina, e únese ó grupo a voz de Angel, co que o grupo graba unha primeira maqueta, onde se escoitan xa as novas orientacións do grupo, cun estilo de metal moi persoal. Nesta etapa machina gaña o concruso campussons05 ante diversas bandas do panorama galego. Pero o grupo sofre outro novo xiro, e tanto Diego como David e Angel abandonan o grupo por diversos motivos persoais. Foi entón cando chega ó baixo Anxo (actualmente tamen en Banda Potenkim), á batería volve Mahi (actualmente tamén Presencia Zero) e na voz entra Martín (actualmente tamén Presencia Zero). O grupo comeza un periodo de composición onde se vai forxando un novo estilo propio moi persoal e difícil de definir, para pasar logo a tocar obtendo moi boas críticas. A banda esta coa idea de grabar unha pequena demo para mostrar o que se fai na actualidade, pero aínda sen ningunha data prevista. Saude e Terra !!!
|