|
Somos a asociación cultural A Revoltosa, a asociación xorde no ano 2005 cando un grupo de mozxs da comarca de Ordes deciden facer unha festa amenizada con música en directo con dúas bandas noveis, unha de Rock e outra de Hip Hop.
No ano 2006 o noso obxetivo foi facer un festival con algo máis de peso e ainda que sen recursos económicos, con un son máis ben pobre, xuntamos algunhas bandas amigas, tres de Rock e unha de gaiteiros, todas tocaron desinteresadamente.
Neste ano 2007 temos a intención de consolidarnos como asociación adicandonos a difundir a cultura galega e promover valores como a solidaridade e o respecto mutuo entre os pobos combatendo o pensamento único que xorde dos xigantes mediáticos tanto no terreo da música como no mundo social en xeral. O noso discurso é claro: Queremos romper coa realidade globalizadora que manipula a cultura ó antoxo dos axentes financeiros. E o noso principal voceiro é a Revoltosa Rock.
A Revoltosa Rock '07 conta con unha sonorización de calidade e bandas xa consagradas, como Skacha, no panorama da música galega. Todo esto é posible grazas á solidaridade das bandas que actúan desinteresadamente ou por un prezo mínimo. Moitas grazas!.
|