CONCURSO LITERARIO PDF Imprimir Correo-e
Co gallo do día das letras galegas, a asociación A Revoltosa convoca un concurso literario: Poderán participar neste certame todas as persoas de calquera  nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos presentados deberán ser inéditos e o tema será libre.          Os traballos presentaranse por cuadriplicado, en folios escritos a máquina por unha soa cara e a dobre espazo.
Só se admitirá un traballo por persoa. Os catro exemplares do texto presentado introduciranse nun sobre grande. No remite deste sobre deberá figurar a categoría na que participa  (1ª, 2ª) e o pseudónimo do autor ou autora (nunca o nome real). Estes mesmos datos (modalidade,
categoría e pseudónimo) deberán figurar en cada exemplar do
traballo presentado.  Nos textos non poderán aparecer os datos persoais do autor ou autora nin a súa sinatura. Para garantir o anonimato, os datos persoais (nome completo, enderezo e
teléfono) introduciranse nun sobre pechado no que figure, por fóra, o pseudónimo e o título do traballo. Este sobre introducirase, xunto cos catro exemplares da obra, no sobre
grande.Os textos serán enviados á seguinte dirección: A Chan, nº12, Santa Cruz de Montaos, Ordes, A Coruña 15689Antes do 15 de maio. A Asociación A Revoltosa reserva para si o dereito de publicar os traballos premiados nunha antoloxía, ou nun blog creado para tal efecto, sen apercibimento de dereitos de autor.
As persoas gañadoras do certame deberán entregar os seus textos en formato dixital.

Premios:Estableceranse dúas categorías1ª categoría: 12 a 18: 1º -300 €2º- 200 €3º-100 €2ª categoría Ata 12 anos: 1º- 250 €2º-150 €3º-50 €
 
< Anterior