|
Dixebra estará o 3 de Xullo no RevoltosaRock'09 |
|
|
|
|
Este ano actuará no Revoltosa Rock o grupo asturiano Dixebra , un grupo con unha longa traxectoria musical, formouse no ano 1987, influenciados por grupos punk e ska no seu comezo, foron absorvendo influencias do folk, reggae e ritmos electronicos, sempre cantando no idioma asturiano. A palabra asturiana "Dixebra" orixinariamente refirese á separación das leiras, a partir de ahí adquire un significado de independencia utilizado para reinvindicar a soberanía dos pobos. No ano 2007 saiu un disco de homenaxe a Dixebra con 21 grupos interpretando cancións de Dixebra de todos os tempos. O último traballo de Dixebra é Dixebra n’acción, un disco grabado en directo que é co que nos van a obsequiar na actuación do Revoltosa Rock deste ano: Dixebra en acción. Máis tarde, este ano, estarán por segunda vez no prestixioso festival Intercéltico de Lorient na Bretaña. O Revoltosa Rock ’09 é unha magnífica oportunidade para ver a Dixebra en directo, en Galiza, e ademáis de balde!. Salú ya dixebra revoltosxs!
|