EUKZ é un grupo de punk-rock creado en 1987 en Castellón. A súa traxectoria é das máis longas do panorama do rock estatal. A súa discografía consta de 15 traballos que ao longo destes 23 anos foron gañando a pulso unha boa morea de seguidores incondicionais, e sen dúbida a organización do RevoltosaRock está ateigada desta clase de individuos que lle dan o recoñecemento merecido a este grupo.
É un pracer para nós darvos a posibilidade de que gocedes de balde con EUKZ, pois como todxs sabedes a entrada ao RevoltosaRock é libre e gratuíta para todxs ao igual que a zona de acampada. Non hai escusa para que non nos vexamos o 2 de xullo no RevoltosaRock!