|
|
 |
|
Inicio
|
A banda Pito de Pikasso actuará no RevoltosaRock'08. Finalistas da pasada edición do concurso Nsaio no Camiño , tocaron xa con bandas como Def Con Dos e Los Suaves.
Ademais de disfrutar do directo da súa primeira maqueta ''El sentido está por venir'' traen material novo , como os seus dous últimos temas grabados nos estudios da Radio Galega por Toño Vázquez, como son Supositorios e Cousas. Con esta incorporación xa pouco mais queda por decir por parte dos artistas que actuarán nesta edición ainda que non se descartan mais sorpresas de ultima hora. Permanecede atentos a web que se detallaran os pormenores en breve.
|
|
|
Matxetazo na parrotxa fai o punk máis corrosivo e reivindicativo de ourense dende o ano 2005 compartiron esceario con grupos destacados como Kaos Urbano ou Barón Rojo, están influenciados por grupos como R.I.P e Animales muertos . Nos seus concertos desprenden caña, rabia e diversión. Fan música para espertar conciencias e atacar o conformismo. Dende logo Matxetazo na parrotxa non podían faltar no Revoltosa Rock deste ano.
Atopamos uns temas colgados en megaupload por si queredes escoitalos . |
|
|
Si señores, xa hai outro grupo confirmado para a Revoltosa Rock 2008, e son nin máis nin menos que OS SOSIOS de Ribeira. Grupo que nos ofreceu o ano pasado un gran concerto no Meigas Fora e que nos deixou gran sabor de boca, cas suas versións dos Herdeiros da crus, dos Dire Strais, Guns n´ Roses, Extremoduro, El Último Ke Zierre... VAICHE BOA
http://www.sosios.es/ http://www.myspace.com/sosios
|
|
|
Iamos dous fulanos camiñando nun fermoso día por un frondoso e coñecido Souto da parroquia de Donramiro. Non levábamos ningún saco de plástico porque nin tiñamos a intención nin precisabamos recoller nada. Foi nun breve lapsus cando, de súpeto, estouparon diante das nosas narices varias castañas, largando por doquier e de xeito omnidireccional as espiñas dos seus ourizos coma se fosen tal metralla dunha bomba de fragmentación.
Ainda non acabaramos de sacudirnos cando, da enorme e singular nube de polvo producida, apareceu un individuo con gafas e media melena prototipo Santa Baia; tan sorprendido coma nos, este fulano estableceu para a sua defensa unha interesante e marcial postura (intuimos que era discípulo do mismísimo Mestre Brun-Dí). Nesa defensora pose lucía un amenazante arsenal constituido por dous anacos de madeira de sapelli, torneados por él mesmo, a modo de pau para bater contra algo (agora sabemos que a esa ¡pfffee! loitadora arma chámase baqueta). Consigo este elemento traía nunha pequena caixa unha especie de individuo que prefería parecerse a un galo antes que ao resto da sua familia, pero ainda así o mantiña un vínculo familiar forte gracias a catro cordas de aceiro.
Arrastrados por unha extrana, sobrenatural e tifónica forza italiana (concretamente da zona de Lombardía) vímonos irremediablemente catapultados no espacio-tempo para, intres despois, aparecer dentro dunha formación estructural de pedra e tella (comunmente chamada casa) o carón dunhas formacións estructurais de certa similitude, pola pedra e a tella, pero ben diferneciadas por un altivo instrumento campaniforme que emite sonidos con certa cadencia para chamar aos parroquianos a entrar no redil (comunmente chamadas igrexas). Non e raro ni nde estranarse que apareceramos na parte inferior desa estructura, antigamente empregada para gardar animais (comunmente chamada corte), o que si que non e tan común foi aparecer cuns aparellos emisores de sonidos entre as nosas mans…
Pouco a pouco foron uníndose os máis estranos fenómenos, un que traia unha especie de máquina de escribir cun fol, outro que traía outro fol cunha frauta incorporada, un tio con anacos de madeira con buratiños polos que soprar ou tapar, outro con algo chamado fiddle que nos sempre pensamos que era un violín, ou incluso ate un instrumento algo así como un tambor con cordas de aceiro… vamos, as cousas típicas que poden atoparse nunha lonxana parroquia chamada Doade.
Tempo despois algúns din que seica facemos música; outros, máis acordes coa situación sónica moi distante da nova banda de Vilatuxe, califícanos de ruido; tamén hainos moi guerrilleiros e nostálxicos e din que estamos a loitar; non faltarán no povo capitalino os que, nun apretón escocedor da sua almorrana, din que estamos a facer o parvo… E nos mentres tanto seguimos a pasalo ben.
Todo o demáis é tan común que carece de importancia. Motor Perkins - O Día Motor Perkins - Rosa dos ventos |
|
|
Skontra formouse no verán de 2001 na cidade de Xixón, sendo a súa primeira formación a composta por Berto, Gonza e Mariño. Tras dar algúns concertos, moitos deles na provincia de León, en outubro de 2002 o grupo decídese a realizar a súa primeira maqueta caseira, autotitulada Skontra. A maqueta consta de doce temas, tres deles instrumentais onde se mesturan composicións punk coa gaita asturiana. Nas demais cancións, catro en asturiano e cinco en español a gaita apenas aparece. Xunto ao emprego da gaita e o asturiano, sorprende a combinación de dúas voces, unha masculina (Berto) e outra feminina (Pitxe).
En 2004 Skontra é o grupo encargado de abrir o disco Rock'n'llingua, onde se presentan seis grupos noveis de rock en asturiano. A banda presenta neste recompilatorio unha notable evolución desde a súa primeira gravación, presentando o ska Burgués e Unidá, un tema de ritmo punk cunha longa introdución protagonizada pola gaita, que inclúe unha muliñeira.
Ese mesmo ano, o grupo é invitado a participar na novena edición do festival Derrame Rock. No disco recompilatorio da cita, aparece o tema Gaiteru rudeboy de Skontra.
En xaneiro de 2005, Skontra comeza por fin a gravación do seu primeiro álbum de estudo, Semeya de la rabia, que a banda decide producir e xestionar por si mesma. As sesións danse por rematadas en febreiro, pero diversos problemas e cambios van atrasando a finalización do traballo, ata o punto de que esta non se produce definitivamente ata xaneiro de 2006. A data de lanzamento sitúase para o 15 de marzo, pero a mala sorte segue perseguindo ao grupo, así que novos problemas atrasan a saída ata o 21 de abril.
En Semeya de la rabia apréciase de novo unha evolución no son de Skontra. A gaita aparece por fin totalmente integrada nas cancións (e ocasionalmente úsase a frauta), as letras (seis en asturiano e catro en castelán) alcanzan maior madurez e o son en xeral mostra unha seriedade que quizais antes se botaba en falta.
|
|
| | << Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
| | Resultados 13 - 18 de 22 |
|
|