Formulario de acceso






¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí

Sindicación

Inicio
Concurso de carteis

Para o festival 2008 precisamos a axuda dos nosos seguidores, anímate e fai un cartel:

Bases:

 Primeira.- ParticipantesPoderán participar no concurso todos as persoas interesadas, maiores de 14 anos.Segunda.- Tema, características técnicas, rotulación e lemaA.- Tema:O asunto das obras deberá ter en conta o festival que vai anunciar.Os traballos serán orixinais e inéditos, e non sido presentados noutros concursos e que non supoñan en todo ou en parte, copia ou plaxio de obras publicadas propias ou doutros artistas. B.- Características técnicas:Serán de concepción e técnicas libres, sempre que sea posible a súa reproducción.C.- Rotulación:Os carteis deberan conter mínimo 20 palabras, máximo 50. Deberá estar totalmente en galego, e conter un eslogan que potencie o rock en galego.D.- Lema:Na parte de atrás dos traballos figurará un lema que servirá para preservar a identidade do autor ata o fallo do xurado.Cada concursante poderá presentar como máximo dous traballos, con lemas diferentes.Terceira.- PremiosEstablécense os seguintes premios:*       300.- euros para o traballo gañador*       E dous acesits, de 200 e 100 euros para os finalistas.Cuarta.- PresentaciónO prazo remata o 20 de xuño do 2008Os traballos enviaranse a A Chan. Nº 12, Santa Cruz de Montaos, Ordes, A Coruña.Nun sobre cerrado incluirase o nome e apelidos do autor do traballo, domicilio e teléfono e unha declaración firmada indicando que o traballo é inédito e orixinal.No exterior do sobre indicado, aparecerá, en letras maiúsculas, o mesmo lema que figura na obra presentada, sen constar alusión algunha que permita identificar ao concursante, sendo causa de exclusión do concurso o incumplimento desta norma.  Quinta.- Traballos premiados1.- Os traballos premiado quedaran baixo o poder da asociación. Serán publicados nun blog, e o que leve o primeiro premio será o cartel que anuncie o festival.

 

Ler máis...
 
CONCURSO LITERARIO
Co gallo do día das letras galegas, a asociación A Revoltosa convoca un concurso literario:
Ler máis...
 
Galería de fotos

Publicamos algunhas das fotos do festival deste ano 2007, poderalas atopar na sección da Galería de fotos que está no menú da esquerda. Faltan moitas (da actuación de Axouxere tempos poucas e de Kastomä ainda non subimos ningunha) pero chegan para ir abrindo boca, en canto as teñamos todas subiremolas.

Que as disfrutedes... 

 
En breve: fotos do festival '07

¡Estade atentos! pronto publicaremos as fotos da Revoltosa Rock '07 moitas grazas a todxs por vir e contribuir dándonos ilusión para que a Revoltosa sega en pé para o ano que ven.

Saude! 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Resultados 19 - 22 de 22