|
Na anterior nova do Revoltosa Rock '09 confirmouse o grupo asturiano Dixebra, pois ben, xa se pode confirmar o cartel completo: Dixebra, Kastomä, Los Kebraos e Electroxeno.
Dixebra:
| |
| Como xa comentamos anteriromente é un grupo procedente de Asturias con unha longa traxectoria musical formado no ano 1987. Gran variedade de ritmos: Ska, Punk, Folk, Rap...
| Kastomä:
| | |
| Quen estivo no Revoltosa Rock '07 xa os coñece, ou eso pensa. Non quixemos perder a oportunidade de traelos de novo despois de dous anos para amosar o seu novo traballo "Almas da noite" no que nos adican ó Revoltosa Rock o tema "Blues de Sta Cruz". Rocanrol en galego procedente de Ordes no que se fai notar a evolución deste grupo, formado no ano 2000, con un contundente directo. | | Los Kebraos (Tributo a Cicatriz): | |
| Grupo tributo, de Palencia, que homenaxea ó mítico punk gasteizarra de Cicatriz. | | Electróxeno: | | |
| Co fin de promocionar novos grupos musicais no Revoltosa Rock '09 presentase este grupo novel da comarca de Ordes que comeza a sua andadura este ano. Influenciados por ritmos do Rocanrol, Metal e Punk. | |
|
|
Este ano actuará no Revoltosa Rock o grupo asturiano Dixebra , un grupo con unha longa traxectoria musical, formouse no ano 1987, influenciados por grupos punk e ska no seu comezo, foron absorvendo influencias do folk, reggae e ritmos electronicos, sempre cantando no idioma asturiano. A palabra asturiana "Dixebra" orixinariamente refirese á separación das leiras, a partir de ahí adquire un significado de independencia utilizado para reinvindicar a soberanía dos pobos. No ano 2007 saiu un disco de homenaxe a Dixebra con 21 grupos interpretando cancións de Dixebra de todos os tempos. O último traballo de Dixebra é Dixebra n’acción, un disco grabado en directo que é co que nos van a obsequiar na actuación do Revoltosa Rock deste ano: Dixebra en acción. Máis tarde, este ano, estarán por segunda vez no prestixioso festival Intercéltico de Lorient na Bretaña. O Revoltosa Rock ’09 é unha magnífica oportunidade para ver a Dixebra en directo, en Galiza, e ademáis de balde!. Salú ya dixebra revoltosxs!
|
|
Ler máis...
|
|
|
Co gallo do día das letras galegas, a asociación A Revoltosa convoca un concurso literario: |
|
Ler máis...
|
|
|
Temos 3 malas novas e 3 boas. As malas son que Os Sosios e Matxetazo na parrotxa non poderán asistir ó Revoltosa Rock deste ano ademáis é posible que chova... As boas son que somos xeniais e temos solución para todo: no canto de Os Sosios e Matxetazo na parrotxa virán Dekamal e Tiro na testa , ademáis decir que teremos unha gran carpa por si chove (que esperemos que non).
P.D.: O batería de Matxetazo na parrotxa foi agredido na cabeza por uns ultras españolistas, o que lle provocou danos no timpano. Solidarizamosnos co compañeiro agredido e desexamoslle unha pronta recuperación. |
|
|
Compracenos presentar o RevoltosaRock'08 na que esperamos contar contigo para unha noite de callos,copas e rock n'roll.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 7 - 12 de 22 |